Gran estrea do novo RUS na liga de Peñas.
O RUS logrou unha traballada vitoria(4-2)contra o Valenza no seu retorno a liga de Peñas que comezou este domingo pasado.
Nun partido onde o campo de A Gándara, Sofán non estaba en moi boas condicións o primeiro gol chegou nunha gran combinación onde Jillin marcou a porta valeira. Pouco despois non tardaría de empatar o Valenza nunha xogada onde Andrés non puido facer moito.
O segundo tempo foi moi duro, o equipo visitante plantexou un xogo duro, con moitas faltas, broncas e cheo de provocacións.
Marcaría Miguel o 2-1 aos 15 minutos do segundo tempo. A partir de aquí o partido tornou a un partido de fútbol americano, moitas faltas, moi duras moitas delas e Martín que non facía nada para deter este xogo. Unha dura falta sobre Dani ao borde da area marcaría o desenlace do partido, un GOLAZO por enriba da barreira e pola escadra dereita do porteiro poría o 3-1 no marcador.
A partir de aquí non houbo moito mais, acurtaría distancia o Valenza pero co tempo case esgotado chegaría o definitivo 4-2 da man de Miguel.
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/28/0003_8751003.htm?idioma=galego
Parabens e moitisima sorte nesta andadura que acabades de comezar.
ResponderEliminar