Partido bo do Rus no municipal de A Laracha ante a Piña a pesar, outra semana máis, das numerosas baixas que temos.
Adiantouse o Rus o pouco de comezar o partido pero dous goles en propia metas déronlle a volta o encontro.
Co 2-1 non marcador o Rus intentou ter máis a pelota e adiantar a defensa o que provocou dous erros na defensa que nos custaría o 4-1. Co partido case perdido o equipo volcouse arriba e marcaría Chistian o 4-2 definitivo o pouco de entrar no campo.
A reacción chegou tarde pero estamos contentos do rendemento do equipo e sobre todo da actitude que foi a mellor de toda esta primeira volta.
Aínda que as baixas se notan moito, o rendemento foi moi bo.
O próximo partido é o 09 de xaneiro do 2011 en Valenza.
Agora imos recuperar forzas nestes quince días de vacación para, o ano que ven, remontar esta situación e colocar o RUS onde se merece, arriba ! !
BOAS FESTA A TODAS E TODOS E UN BO ANO 2011 ! ! !
No hay comentarios:
Publicar un comentario