relojes web gratis

miércoles, 14 de diciembre de 2011

REMATA O ANO

Este día 18 de decembro xogaremos o penúltimo partido da primeira volta (nas Eiroas) e o último do ano.
Decirvos a todas e todos que voltaremos o máis probable o día de Reis, o venres 6 de xaneiro, xa que adiantaremos o partido que estaba para o domingo 8.

En nome do Clube Deportivo RUS, quero dar as grazas a todas aquelas persoas que confiaron en nós este ano e a todas e todos os que nos apoian, sobre todo ao Concello de Carballo por facilitarnos as instalacións de As Eiroas.

Tamén pedirvos desculpas e paciencia pola mala xeira de resultados que levamos este ano, pero como ben sabedes son moitos os condicionantes que nos levaron a esta situación, aínda que non debería ser unha excusa.
Porén, non podo deixar de darlle as máis sinceras grazas a esta plantilla, e ao adestrador, que a pesar da situación, nunca se renden e cada domingo acude ao campo como se fose o primerio partido do ano, demostrando o compromiso que teñen co equipo.
Esta é a gran sorte do CDRUS, contar un gran grupo humano que está por enriba dos resultados e dos problemas e que eu non cambiaría nin por ningunha outra plantilla que estea nos postos altos da táboa, ou por ganar a liga.

Neste ano 2012 o desexo do RUS será, como o anterior, que o Concello de Coristanco ou quen sexa, nos arranxe dunha vez por todas o campo do CEIP Canosa-Rus. Coido que ninguén se merece tal desprezo por parte das Administracións, como o que estamos padecendo.
Ademais para toda a plantilla espero que o novo ano traia un chisco de felicidade en forma de victorias, e que remate a mala sorte que nos ven perseguindo nestes 2 anos. É  o único que merecen como premio ao bo traballo que están realizando.

A todas e todos vos os mellores desexos para o vindeiro ano e sobre todo moita felicidade e sorte nestes tempos que se albiscan incertos.

De corazón, GRAZAS !

No hay comentarios:

Publicar un comentario