O Clube Deportivo Rus está preparando a tempada 2012/2013 con cambios importantes, sobre todo en canto á estructura da Asociación.
O gran cambio vai ser constituirnos como asociación Cultural e Deprtiva no canto de deportiva, o que conlevará un cambio de nome. Ademais nomeouse unha nova directiva pola dimisión, por motivos persoais dun dos socios fundadores. A Directiva queda, provisionalmente, desta maneira:
-Presidente: Ricardo Rey
-Tesoureiro: Pablo Gómez
-Secretarios: Marcos Varela e Jose M. Mancebo
-Vogais: Antonio López e Víctor González
O feito do "nacemento" dunha asociación cultural en Rus suporá unha oferta cultural en Rus e arredores. Esperamos poñelas en marcha a finais do verán. ESPERAMOS QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS ACOLLAN POSITIVAMENTE ESTA APOSTA INVOLUCRÁNDOSE ACTIVAMENTE.
En canto o equipo temos que remarcar a volta ao C.D.Rus de David, despois dun ano sabático e tamén de Miguel e Adrián que despois de estar unha campaña no Razo volven con nos.
Do Razo proveñen tamén as novas fichaxes, David, Diego e Jose. Contamos cun total de 22 fichas que serán, probablemente, as definitivas. Son estes:
Andrés, Diego, Álex, Dimitri, Víctor, Pablo C., Mario P., Luis, David G., Jillín, Pablo R., David R.,Miguel, Pablo G. Marcos, Jose, Adrián, Molk, Juan, Martín P., Mario e Anxo.
Durante este mes de Agosto rifaremos por distintos bares de Rus e Carballo diferentes productos para que, quen queire, colabore con nos polo módico prezo de 1 e 2 euros por rifa.
Tamén nos poñeremos en contacto coa comisión de festas de Rus coa intención de facer un sorteo entre os asistentes. Confirmarase en breves.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario