Mal partido o disputado este domingo no campo municipal de Ponteceso. Un partido moi aburrido e bastante bronco por parte dos dous conxuntos.
Adisntouse o Rus os 5 SEGUNDOS de comezar nun erro do porteiro que aproveitou Jillín. A partir de aí pouco máis, moitas faltas e algunhas tanganas dentro do campo onde o árbitro debería poñer orde dende o primeiro minuto e, por momentos, fóiselle o partido das mans.
No segundo tempo volvemos a pecar dos nosos erros na defensa, unha falta de entendemento e contundencia á hora de despexar o balón supuxo o empate do Xornes.
A mala nova é a perda de Miguel para o próximo partido por dobre amarela.
Afrontamos a penúltima xornada(contra o Peña Galicia no Carral)con moitas baixas e a metade delas os xogadores habituais do Rus.
HAI QUE VOLVER A CAMBIAR A ACTITUDE PARA AFRONTAR OS 2 PARTIDOS QUE NOS QUEDAN PARA ACABAR A PRIMEIRA VOLTA E IR DE VACACIÓNS.
SE QUEREDES VACACIÓNS HAI QUE GAÑAR A PEÑA GALICIA E A PIÑA ! ! !
No hay comentarios:
Publicar un comentario