Dende a primeira xornada que debutamos na "casa",en Sofán, contra o Valenza non volvemos a gañar e contamos os partidos nela por derrotas. Xa van dez xornadas e non somos capaces de sacar un resultado positivo, sen embargo no campo contrario somos quen de gañar e golear como en Cances ou en Coiro.
Este fin de semana fixemos unha primeira parte digna, con oportunidade dos dous bando onde calquera se podía levar o partido xa que estivo moi igualado o resultado. Onde finalmente o Seaia acabou goleando.
Non foi unha derrota inxusta, pero si o resultado, demasiado abultado para o desenvolvemento do partido.
Próximo partido co Xornes as 16:00.
Quedan 3 partidos para acabar a primeira volta.
Domingo habemos encontrar o noso bo xogo,
ResponderEliminarMais xogamos en un bo campo e eso favorecenos