Partido moi igualado o que se disputou nas Eiroas este fin de semana. O Rus chegou ao descanso cunha vantaxe de 1-0 e onde dominamos claramente.
Na segunda o Cances igualou o resultado por dúas veces e foi aquí, co 2-2 onde máis sufrimos e cando o Cances máis apretaba e dispuxo das ocasións máis claras para adiantarse.
Foi nun roubo de pelota onde Jillín marcou o 3-2 (non marcaba dende a xornada 2), neste intre, e con 15 min aínda para o remate, o Cances arriscou con tres dianteiros e encerrounos atrás.
A falla de 2-3 minutos produciese o momento máis surrealista da tempada. O noso único reserva xa se estaba cambiando para marchar para a casa cando Jillín se lesionou e non había cambios. Juan apurado volveuse vestir e nada máis entrar o campo caeulle o balón nos pes e sen pensalo tirou a portería dende case o medio do campo e marcou por toda e escadra.
Un golazo co que remataría o partido e a tranquilidade de vernos con tres puntos máis e subir unha posición, de novo, na táboa, por segunda semana consecutiva e sobre todo nos quitamos a espiña que tiñamos daquel 10-1 do partido de volta.
Os datos: Volveu xogar de porteiro un xogador. Jillín volveu marcar despois de 14 xornadas. Molk leva 3 goles en 3 partidos, a Peña Galicia e Escaravello empataron a 2.
O peor as tarxetas amarelas, menos unha, as outras 4 por protestar.
HAI QUE APROVEITAR ESTA RACHA ! !
Parabén a os 13 que viñestes xogar.
Próximo rival o Xornes, este domingo no campo municipal de Ponteceso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario