Mal partido o do Rus este fin de semana en Buño en todos os sentidos. Aínda que chegamos a poñernos 2-1 no marcador a expulsión do noso dianteiro por dobre amarela (moi rigurosas as dúas) condicionou o desenrolo do partido e onde, outro ano máis, houbo un único protagonista, o Sr. Reborido.
A segunda expulsión produciuse pouco despois, e cando un xogador noso, mandou, literalmente: "a tomar polo cu" a un xogador do Xornes. Este xogador foi expulsado con vermella directa xa que o árbitro pensou que se dirixía a el.
No vestiario, falouse da confusión e onde o Xornes confirmou as nosas palabras. Paréceme lamentábel, non que se nos expulsara un xogador, senón que con un 4-1, e co partido xa resolto, se nos vote a un segundo xogador e cando o presidente do Xornes foi ao vestiario dicirlle o árbitro que nos quitase unha tarxeta a un dos xogadores expulsados.
Non me parecería todo esto mal senón fose que porque o ano pasado sucedeu algo parecido nas Eiroas (Galicia-Rus). Parece que este Señor ten algo persoal contra o Rus, e sempre sexa este o que nos perxudique.
Podedes dicir que non son obxectivo e só miro polos intereses do meu equipo, mais coido que calquera que vira onte (domingo) o partido, ou hai un ano o Galicia-Rus, se decataría que a realidade é como a estou contando.
Outro diredes que digo isto porque me fastidiou perder, pois direivos que non me fastidiou perder. Fastídiame que merda de árbitros como este, que non teñen puta idea e se moven segundo lle mandan dende arriba. Árbitros con ordes de prexudicar sempre aos mesmos e xente, a de "arriba", que están acabando coa liga de peñas. Catro equipos que controlan todo á súa conveniencia, onde nunha votación só deciden eles, onde as normas as poñen eles, onde... podería seguir mais todos saben o que se coce aí dentro.
Podería mencionar equipos que marcharon da liga de peñas por este motivo, mais non é pertinente metelos agora nesta reflexión, podería dicir equipos que como o Rus, saen sempre prexudicados mais espero, e convidoos a que sexan eles quen de expresar o seu malestar en público.
O Rus nestes dous anos que levamos tivemos, todo o equipo, fama de boas persoas, respectadas e respectuosas cos demais, educadas no trato e nas formas... pero o que non imos aturar é desprezos dunha xente que, aínda por riba está cobrando polo seu "traballo" e que debería ser máis profesional.
Aos equipos sempre se nos pediu un respecto cara os árbitros pero coido que merecemos que sexamos tratados do mesmo xeito.
Señores e señoras todos e todas sabedes o que hai, e do que hai do nos quedan dúas opcións: aguantar e seguir que se rían seguido dos 4 equipos de sempre, ou entre todos e todas cambiar esto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario